lunes, 7 de julio de 2008

MARTIÑO

He tratado de escoger algún episodio interesante de la novela interminable que empecé ya hace tiempo y avanza lenta como el amigo Caricola. Finalmente me decidí por la siguiente escena a modo de aperitivo:

"Pasa o brazo polo ombreiro de Martiño e pregúntalle polo seu nome:

- ¿y tú cómo te llamas?

- Martín

- ¿Estás buscando una chica?

- Sí - un fío de voz de pouco firmeza saía da boca seca de Martíño.

Naquel trance o pouco cerebro libre que lle quedaba a Martiño reproduciu unha escea que acontecera hai cousa de dous anos atrás.
Suso Brei, panadeiro, despachaba a un dos tantos labregos como hai en Viladouro. Dentro da panadería tamén espera en segunda fila o espectador Martiño, que ía ós recados da nai.

- A ver, cóbrame ben isto, que xa estás cobrando os cartos ante de dala mercadoría.

- Non, non te enganes. Pagar é o último, primeiro colle a bolsa.

- Xa me pareces ti moi listo. Que pagar é o último non se che esqueza a ti. Eu xa o sei -ría o labrego.

- Bueno, menos nas putas e no xogo -respondía o panadeiro.

E Martiño lembraba aquela escea e levaba a man ó peto percurando lle chegasen os cartos.
Manuela, que así se chamaba a muller, tenta en que Martiño levante do taburete e garde a carteira.
Martiño bota unha mirada de reollo a Barroibo. Éste sorrí cara el, aprobando as accións. E Martiño tras Manuela sube escadas arriba. Leva viño abondo no corpo pero o andar aínda sea áxil. So se ve paredes ocres e chanzos de madeira escura de gastada, recorda a cor dos bancos da Igrexa de Viladouro. O sitio é algo distinto. O tránsito faise claustrofóbico. Chegando ó piso de arriba crúzanse dúas parellas na espera de que se baleire algún cuarto. Óese ó lonxe un vello transistor mal sintonizado. No aire hai un cheiro moi doce, un doce artificial que afoga e fai tirar máis do alento. Ese cheiro doce e químico non se lle esquencería endexamáis a Martiño. Penetra no interior dun. Parece pouco apropiado para unha casa de putas. Martiño corre a levar man a carteira. Vai pagar.
Fuma cigarros dende os catorce anos. A escea da primeira caxetilla é parecida. Pon os cartos no mostrador xa antes de pedir o tabaco. Move as moedas arrrastrándoas o longo do mostrador cara diante. A ansiedade de consumar o acto anticipa os movementos. Un protéxese de non voltar atrás a acción. Hai que finalizar co proposto. Pagando xa non hai volta atrás.
Nas putas Martiño encontrábase impaciente por pagar.

- A esto invitó tu amigo.

Entón garda a carteira e comeza a desvestirse"

1 comentario:

Anónimo dijo...

Aqui tenemos una forma más de describir una casa de putas de las miles que nos ha ofrecido ya el bueno de acutt en sus múltiples relatos. Vista su facilidad para hacernos imaginar con asombrosa exactitud las malicias y bondades de una mancebía, le invito a empezar algún tipo de corto o relato, que bien pudiera llamarse, por ejemplo, "El Lupanar Eléctrico"