martes, 12 de agosto de 2008

MARTIÑO (nueva entrega)

En esta breve entrega veremos el parte del viaje de vuelta y un amanecer de resaca.



A estrada ata Viladouro é moi revirada e está algo parcheada. Non deixa que o sono venza a un. Agora o que marean son as curvas. E noite pechada e non hai lua. A cada lado da estrada, elévanse como testigos mudos longas filas de árbores que o hoxe o vento non se atreve a mover. A noite é o momento dos grandes males, leva ós homes a cometer os peores erros e as infames accións. Ten sempre algo de misterio a noite, non moi lonxe de onde vive calquera, na noite ocurren cousas extraordinarias.
A noite é tan pechada que come a luz dos focos e avelaíñas despistadas crúzanse diante o parabrisas, como estrelas fugaces que ao saír do espacio iluminado, apáganse. No interior o bafo de dúas persoas bébedas quenta a estancia. De fóra só se pode intuir o fresco nordés de verán e o son dos grilos. Son os centos de estampas que se reproducen coma clons no rural galego. Noites de silencio. Con ecos lonxanos de ouveos dos cans. Media bóveda despexada de nubes e nerviosas estrelas no ceo.
Dos altos da estrada vense as outras estrelas, faroliñas pequenas que indican os puntos de vida. De cor anaranxado pálido, sinais exteriores dun interior latexante.
Do alto da Falrriqueira xa asoman os puntos de vida de Viladouro. E baixando xa as primeiras casas que dormen as últimas horas da noite. So se ve acceso o forno de Suso Brei. No desfile desértico de vivendas e alpendres chégase axiña á casa de Martiño. O coche para e Martiño báixase. Crúzanse dous adeus, primeiro Martiño e logo Barroibo.
Un día novo amence en Viladouro e dous raios de sol apuntan dende as primeiras horas da mañá á cara sudorosa de Martiño, que levanta da cama con mal corpo, con lixeiro mareo e unha sensación de desacougo. Ó erguerse nos oídos soa un silbato e un calor que sobe a cabeza acompaña un escurecemento da vista, só uns segundos, ata que o corpo toma a completa vertical. As bandas de luz que entran pola ventá iluminan carreiros de po suspendidos do aire, que se axitan violentamente cando un deixa caer o peso do corpo na cama.



- Petar -

lunes, 11 de agosto de 2008

Campeonato de Forzudos



viejo vídeo sobre un campeonato de levantamiento celebrado en la villa de Ortigueira entre dos estupendos atletas en gran estado de forma. A pesar de que no se aprecia bien la imagen el peso correspondiente a la prueba mostrada rondaba entre los 5 y los 315 Kg. Toda una proeza para estos jóvenes orteganos.

by Kímiko MC 2008